Colaboramos co ciclo ‘O cinema galego hoxe’ de Oxford 1


En decembro comeza en Oxford ‘O cinema galego hoxe’,  un ciclo que programará ata abril varias mostras do recente audiovisual galego. A actividade está organizada por The John Rutherford Centre for Galician Studies e conta coa nosa colaboración. Ademais, o ciclo ten o apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e da Universidade de Oxford.

A primeira xornada será o vindeiro venres un de decembro e estará centrada na animación. Desta volta vaise proxectar O Apóstolo de Fernando Cortizo no Shulman Auditorium do Queen’s College [18 h, High Street, Oxford, OX1 4AW]. A película poderá verse en versión orixinal e terá subtítulos en inglés. Ademais, será gratuíta, se ben será preciso retirar previamente a entrada vía web nesta ligazón.

O resto das xornadas aínda non ten data confirmada, pero podemos adiantarvos a programación:

  • Xaneiro: Ficción | Os fenómenos de Alfonso Zarauza.
  • Febreiro: Novas narrativas | Costa da morte de Lois Patiño.
  • Marzo: Xornada de curtametraxes.
  • Abril: Documental | Os días afogados de César Souto e Luis Avilés.

Así que xa sabedes, se andades por Oxford ou coñecedes a alguén interesado no cine galego, estades de noraboa ;).

Cartel ciclo cine galego Oxford

Cartel deseñado por Bea Romero

 

 


Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

Unha idea sobre “Colaboramos co ciclo ‘O cinema galego hoxe’ de Oxford