Cando Francisco Villalonga empezou a gravar a vida cotiá en Aceredo a finais dos 80, xa sabía que a aldea tiña os días contados. En forma de longametraxe documental, Os días afogados narra como a comezos dos 90 a construción do encoro de Lindoso en Portugal tivo como consecuencia asolagar […]

Aceredo, a memoria mergullada


Os días afogados
Temos todo en marcha para a vindeira edición do GFF que nesta ocasión vaise vestir de gala para acoller a estrea en Reino Unido do documental ‘Os días afogados’ de César Souto Vilanova e Luís Avilés Baquero. A proxección será o venres 24 de marzo ás 19:30 horas no King’s College […]

O GFF estrea en Reino Unido ‘Os días afogados’


Aos poucos, o Galician Film Forum vaise asentando como unha cita londinense co cine galego (e doutros sitios) grazas ao voso apoio. Máis de 150 persoas reservaron entrada para acompañarnos o pasado 2 de decembro e gozar coa selección que preparamos para coñecer un poco mellor ‘a raia’. Tampouco queremos […]

Grazas por achegarvos á raia



O programa da V edición do Galician Film Forum complétase co documental A Raia de Iván Castiñeiras (Ourense, 1980). O director retrata a paisaxe da fronteira, unha zona montañosa de interior con climatoloxía extrema, a través da historia de Pepe O Xunto, un ourensán de Tameirón, e de Fernando Manuel, […]

‘A Raia’, un reencontro vinte anos despois


Os asistentes á V edición do Galician Film Forum poderán visionar a obra Os salteadores (1993) do portugués Abi Feijó (Braga, 1956). Trátase dunha curtametraxe de animación ambientada na época posterior á Guerra Civil española. Feijó cóntanos a desesperada fuxida de moitos republicanos represaliados tras a vitoria de Franco que […]

‘Os salteadores’, a fronteira como campo de batalla


3
Hoxe estamos de estrea múltiple. O primeiro de todo é presentarvos o cartel para a vindeira edición de Galician Film Forum, deseñado pola nosa compañeira Sara Samaín. Non vos parece unha fermosura? No propio cartel revelamos o programa completo do evento, así que xunto a Mulleres da Raia, de Diana […]

Reserva a túa entrada para A Raia Edition



Raia é o que comunmente se coñece como a fronteira entre Galicia e Portugal. Considérase unha das fronteiras máis antigas de Europa e ten un percorrido de 250 quilómetros de lonxitude. Verín e Tui foron as dúas principais portas entre Galicia e Portugal; do outro lado estaban Valença e Chaves. […]

A Raia imaxinaria, a fronteira entre dúas realidades


O público do vindeiro Galician Film Forum vai ter a oportunidade de ver na pantalla grande o documental Mulleres da raia, dirixido por Diana Gonçalves. Esta mediometraxe recolle as historias de mulleres arraianas que se dedicaban ao contrabando de produtos de primeira necesidade durante as ditaduras de Franco e Salazar. […]

Un petisco do programa: ‘Mulleres da Raia’


Tras o parón estival (que non foi tal porque estivemos a argallar cousiñas), xa vos podemos anunciar que temos nova edición do GFF. E agora os detalles: Cando? O vindeiro venres 2 de decembro ás 7 da tarde, así que ide reservando a data nas vosas axendas.

A quinta edición do GFF xa está aquí