Ponnos cara


COMITÉ ACTUAL

Harriet Cook
Harriet licenciouse pola Universidade de Cambridge no 2013 logo de cursar a carreira de Linguas Modernas e Medievais. Foi no seu terceiro ano cando tivo a ocasión de ir a Galicia Read More
Harriet Cook

Harriet licenciouse pola Universidade de Cambridge no 2013 logo de cursar a carreira de Linguas Modernas e Medievais. Foi no seu terceiro ano cando tivo a ocasión de ir a Galicia por primeira vez. De estudante Erasmus na Universidade de Santiago de Compostela, namorouse da literatura, a lingua e cultura galegas. Grazas aos cursos da lingua galega organizados pola RAG, o ILG e a USC, comezou a aprender o galego e a usalo nos seus traballos. Fixo o seu máster en estudos medievais na mesma universidade e agora está a rematar o seu doutoramento no King’s College London, traballando coas cantigas medievais galego-portuguesas. Dende fai pouco tivo tamén afiliación có grupo de investigación Temporal Communities na Freie Universität Berlin.

Descubriu a existencia do Galician Film Forum en Londres por casualidade lendo un xornal galego en liña e incorporouse tras a primeira gala. Faille ilusión axudar a promocionar a cultura galega no seu país nativo.

A súa comida preferida son os chícharos, gústalle pasear por onde sexa e encántalle escribir e mandar postais!

Voltar a ‘Ponnos cara’

Adriana Páramo
Adriana Páramo é unha cineasta viguesa que caeu no GFF logo dun encontro informal nun pub. Sen saber moi ben que sairía desas primeiras pintas, xa leva cinco anos detrás Read More
Adriana Páramo

Adriana Páramo é unha cineasta viguesa que caeu no GFF logo dun encontro informal nun pub. Sen saber moi ben que sairía desas primeiras pintas, xa leva cinco anos detrás do equipo de dirección e programación, sendo un dos poucos membros fundadores que segue no grupo dende o inicio. Fóra do GFF conta con máis de cinco anos de experiencia na produción audiovisual independiente e corporativa, da clases de cine a cativos e investiga sobre documental e xénero para o seu doutoramento na Royal Holloway University de Londres.

Voltar a ‘Ponnos cara’

Bea Pérez
Logo de se licenciar en Química Orgánica e abandonar a súa tese de doutoramento sobre a reacción de hetero Diels-Alder (“non es ti, son eu”, díxolle ao matraz e colgou Read More
Bea Pérez

Logo de se licenciar en Química Orgánica e abandonar a súa tese de doutoramento sobre a reacción de hetero Diels-Alder (“non es ti, son eu”, díxolle ao matraz e colgou a bata), decide estudar xornalismo. Esta dobre formación ábrelle as portas do xornalismo científico, o que lle permite colaborar co Instituto de Astrofísica de Canarias, ocuparse da sección de ciencia da web Creativa Canaria ou da plataforma sanitaria PyDeSalud.

No 2012 instálase en Santiago de Compostela, onde segue a traballar como xornalista freelance, actividade que simultanea co non menos importante e esixente labor de  integración na terra galega. A asimilación chega a tal punto que a finais do 2015, como boa galega, emigra a Londres. Agora tócalle pasar unha tempada polas terras londinenses e participar no GFF non deixa de ser un xeito de calmar a morriña polos bares con paredes de pedra e os amigos que beben estrelas.

Voltar a ‘Ponnos cara’

Duarte Romero Varela
Nado en Narón en 1988. Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e Master en Xornalismo Online pola Birmingham City University. Está especializado en visualización de datos e Read More
Duarte Romero Varela

Nado en Narón en 1988. Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e Master en Xornalismo Online pola Birmingham City University. Está especializado en visualización de datos e leva traballando diso desde 2013, pasando (brevemente) polo Daily Telegraph, Infogr8 e actualmente Totally Communications. Cando ten algo de tempo libre escribe no blog de datos futbolísticos crispdata.co.uk.

Leva en Inglaterra desde 2010 e viviu en Londres e Birmingham. Fundou a xa extinta web Galiza no UK, co obxectivo de crear un punto de encontro para a comunidade galega no Reino Unido. Participa no Galician Film Forum desde o comezo.

Voltar a ‘Ponnos cara’

María Sabucedo
María é unha londoner-galega que comezou como voluntaria no GFF no 2015 e agora forma parte do grupo de dirección da organización. As súas responsabilidades están na área de programación Read More
María Sabucedo

María é unha londoner-galega que comezou como voluntaria no GFF no 2015 e agora forma parte do grupo de dirección da organización. As súas responsabilidades están na área de programación e proxectos.

Ten unha longa experiencia profesional en cine e televisión. Viviu en Galiza, Barcelona e Buenos Aires. Mudouse a Londres no 2016 e non ten pinta de querer marchar. No Reino Unido ten traballado para distintas multinacionais do sector audiovisual pero está sempre aberta a novos desafíos e oportunidades por descubrir.

Voltar a ‘Ponnos cara’

Iris Domato
Nada en Vigo en 1990. É licenciada en Xornalismo e axiña vai ser graduada en Historia da Arte. Recentemente, no seu afán de mesturar estas dúas grandes paixóns, puxo en Read More
Iris Domato

Nada en Vigo en 1990. É licenciada en Xornalismo e axiña vai ser graduada en Historia da Arte. Recentemente, no seu afán de mesturar estas dúas grandes paixóns, puxo en marcha un proxecto de divulgación artística na rede social Instagram. Tamén codirixiu e editou a curtametraxe Joventut, solitud, inspirada nuns textos do escritor catalán Josep Pla. Peza que foi proxectada en festivais coma Documenta Madrid e Zinebi, e galardoada no III Festival de Cine de Santander ‘Corto y Creo’ na categoría de ‘Mejor Cortometraje de Realidad’.

Marga Fernández Couce
Ola, son Marga, coruñesa de nacemento e catalá e londiniense de adopción. Licenciada en Socioloxía, aprendín a buscarme a vida. Iso si, en Londres foi onde sufrín ese shock de Read More
Marga Fernández Couce

Ola, son Marga, coruñesa de nacemento e catalá e londiniense de adopción. Licenciada en Socioloxía, aprendín a buscarme a vida. Iso si, en Londres foi onde sufrín ese shock de poder pasar de pensar “que podo facer para atopar traballo?” a “que queres ser?”. Que non é pouca cousa.

Comecei de voluntaria no Galician Film Forum e agora son unha parte orgullosa desta marabillosa equipa. Encántame aprender cousas novas e divertirme. E no GFF nunca chegamos a aburrirnos e sempre estamos argallando algo.

Aproveitei o parón do COVID e que adoro aprender para me especializar en Redacción Dixital, en Especialista en Comunicación de Lanzamentos e facer un mestrado de SEO e outro en Digital Project Manager.

TAMÉN PASARON POR AQUÍ

Álvaro Gago | Xabier Mera | Andrés Caparrós | Carlos Camba | Nati Juncal | Uxío Meis | Gonzalo Pais | Lucía García | Borja Santomé | Samanta Vázquez | Beatriz Romero | Sara Samaín | Ana Branca | Laura Rodríguez