‘Dhogs’ protagoniza o vindeiro GFF


A novena edición do GFF xa ten data e protagonista. ‘Dhogs’, a ópera prima de Andrés Goteira que arrasou na última edición dos Mestre Mateo (13 galardóns!), vaise proxectar no King’s College London o venres 30 de novembro [19 h, Strand Campus, Edmond J Safra Theatre WC2R 2LS]. O visionado do filme será en versión orixinal con subtítulos en inglés e, ademais, tanto a presentación como o coloquio posterior con algún membro do equipo de ‘Dhogs’ vanse desenvolver en galego e inglés. Como en edicións anteriores, contamos co apoio do departamento de Spanish, Portuguese and Latin American Studies do King´s College (graciñas!).

Xa podedes retirar as entradas nesta ligazón e aínda que o evento é gratuito, as doazóns son benvidas (lembrade que o GFF é unha organización autofinanciada). Por certo, esta película non é apta para menores de 18 anos.

Esperámosvos o día 30 de novembro. Non faltedes! 🙂

DHOGS – International Trailer from Gaitafilmes on Vimeo.

 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará

*