Iris Domato

Nada en Vigo en 1990. Licenciouse en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e xusto despois estudou o Máster en Teoría e Práctica do Documental Creativo na Universitat Autònoma de Barcelona. Desta última experiencia nacería a curta documental Joventut, solitud, inspirada nuns textos do escritor catalán Josep Pla. Dende entón continuou participando en diversas propostas audiovisuais e traballando no mundo do xornalismo en Galicia. A día de hoxe estuda o Grao en Historia da Arte pola Universidad Nacional de Educación a Distancia. Reside e traballa en Londres dende abril de 2018.