Adriana Páramo

Nada en Vigo en 1985, estudia comunicación audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela. No 2010 gradúase no master de dirección de cine na London Film School coa súa primeira curta Illa Pedra, gañadora de dous premios no Festival Internacional de Cine de Ourense (2010). Nos seguintes anos traballa en rodaxes en diferentes países como Italia ou Marrocos, e no 2012 vive en Polonia traballando como programadora cultural dunha asociación artística. De volta en Londres, traballa en producción en axencias de comunicación participando en proxectos para clientes como HSBC ou Unilever. A súa última curta é Galicia. Portobello Road, rodada en Londres e presentada en numerosos festivais en Galicia, Francia, Reino Unido ou Estados Unidos.

Forma parte do GFF porque cre na necesidade da existencia de proxectos que acheguen o audivisual á xente e creen un sentido de comunidade.

Voltar a ‘Ponnos cara’