A quinta edición do GFF xa está aquí


Tras o parón estival (que non foi tal porque estivemos a argallar cousiñas), xa vos podemos anunciar que temos nova edición do GFF. E agora os detalles:

Cando? O vindeiro venres 2 de decembro ás 7 da tarde, así que ide reservando a data nas vosas axendas.

Onde? Repetimos no King’s College. Ao achegarse a data, teredes toda a información sobre a sala.

Sobre que? Pois sobre un tema apaixonante: A Raia. Convidámosvos a percorrer connosco a fronteira galego portuguesa, unha liña que xunta e separa ao mesmo tempo e onde atopamos unha abraiante ósmose cultural e vital.

E que imos ver? En breve comezaremos a desvelar o programa desta edición. Estade pendentes da nosa web e das nosas redes.

Resumindo, que o próximo 2 de decembro xuntámonos no King’s College para ver e falar sobre A Raia. Non faltedes!

gff-a-raia