Harriet Cook
Harriet licenciouse pola Universidade de Cambridge no 2013 logo de cursar a carreira de Linguas Modernas e Medievais. Foi no seu terceiro ano cando tivo a ocasión de ir a Galicia por primeira vez. De estudante Erasmus na Universidade de Santiago de Compostela, namorouse da literatura, a lingua e cultura galegas. Grazas aos cursos da lingua galega organizados pola RAG, o ILG e a USC, comezou a aprender o galego e a usalo nos seus traballos. Fixo o seu máster en estudos medievais na mesma universidade e agora está a rematar o seu doutoramento no King’s College London, traballando coas cantigas medievais galego-portuguesas. Dende fai pouco tivo tamén afiliación có grupo de investigación Temporal Communities na Freie Universität Berlin.
Descubriu a existencia do Galician Film Forum en Londres por casualidade lendo un xornal galego en liña e incorporouse tras a primeira gala. Faille ilusión axudar a promocionar a cultura galega no seu país nativo.
A súa comida preferida son os chícharos, gústalle pasear por onde sexa e encántalle escribir e mandar postais!