Bea Pérez
Logo de se licenciar en Química Orgánica e abandonar a súa tese de doutoramento sobre a reacción de hetero Diels-Alder (“non es ti, son eu”, díxolle ao matraz e colgou a bata), decide estudar xornalismo. Esta dobre formación ábrelle as portas do xornalismo científico, o que lle permite colaborar co Instituto de Astrofísica de Canarias, ocuparse da sección de ciencia da web Creativa Canaria ou da plataforma sanitaria PyDeSalud.
No 2012 instálase en Santiago de Compostela, onde segue a traballar como xornalista freelance, actividade que simultanea co non menos importante e esixente labor de integración na terra galega. A asimilación chega a tal punto que a finais do 2015, como boa galega, emigra a Londres. Agora tócalle pasar unha tempada polas terras londinenses e participar no GFF non deixa de ser un xeito de calmar a morriña polos bares con paredes de pedra e os amigos que beben estrelas.