A cuarta sesión do ciclo ‘Galician Cinema Today’ que estamos a organizar co The John Rutherford Centre for Galician Studies será o vindeiro xoves 15 de marzo ás 17:30 horas na Main Hall da Taylor Institution. Desta volta será a quenda das curtas e proxectaremos unha selección de cinco títulos. Coma sempre, o evento será gratuíto, pero haberá que reservar a entrada con anterioridade nesta ligazón.
Así que bulide: ide reservando e tomando boa nota do menú 😉
- Curricán, 2014, Alvaro Gago, ficción (15’)
Sinopse: A ollada de Xoán Curricán guíanos polas rúas da Vilanova de Arousa, unha vila chea de grandes cadros e interminables epifanías. - Rueda cabeza, 2015, Borja Santomé, animación (5’)
Sinopse: Un paseo por rúas húmidas que nos abarcan, que nos falan de diversión e morte, de sexo e bágoas. - Galicia Portobello Road, 2015, Adriana Páramo, ficción (9’)
Sinopse: Cando Celtia se entera de que a súa nai vai pechar o restaurante que rexenta en Londres para volver a Galicia depois de 30 anos, intenta convencela para que quede. - Día 13 de julio y 12 de agosto, Xisela Franco, experimental (2’)
Dous días vividos pola artista en xullo de 2014 nos que filmou dous rollos de Super8 contando a celebración do seu cumpleanos en compañía da súa parella e amigos. - Pettring, 2013, Eloy D. Serén, documental (20’)
Sinopse: Un xove cineasta galego leva un diario sobre os seus primeiros meses como immigrante en Suecia, onde traballa na construcción. Precisamente a construcción do seu traballo como cineasta é unha metáfora para falar da identidade que vai formando como emigrante.