A nova edición do GFF vai de curtas


Pois si, desta volta imos proxectar unha escolma de curtas do 2018 que nos impactaron especialmente e que desexamos que vos gusten a vós tamén. A nosa idea e brindarvos un menú o máis variado posible, así que ides atopar petiscos de estilos moi diferentes.

A nova edición (e van once!) vai ser o venres 22 de novembro a partir das 19 horas no King’s College London. A entrada é, como sempre, de balde pero xa sabedes que cómpre reservala por adiantado nesta ligazón. As curtas vanse proxectar en versión orixinal con subtítulos en inglés e o evento contará con tradución simultánea ao inglés.

Velaquí a lista de curtas que imos proxectar:

Nesta edición seguimos a contar co patrocinio de ABANCA, a colaboración da Oficina para Asuntos Culturales y Científicos de la Embajada de España en Londres e o apoio do Department of Spanish, Portuguese & Latin American Studies at King’s College London. Moitas grazas por confiar en nós!

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará

*