E dous anos despois, aquí estamos, de volta á actividade presencial. Non sen tempo, o London King’s College vai acoller unha proxección moi especial: unha colaboración coa Mostra Internacional de Cine Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo Galego. Coincidindo coa celebración en Galicia da edición 17 da MICE, o vindeiro 1 de abril imos estrear no Reino Unido o documental Negro púrpura de Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva. Tamén proxectaremos a curta Stockroom de Sol Mussa, que participará en vivo no coloquio. Alén diso, as directoras de Negro púrpura vanse conectar por streaming ao debate.
A proxección será no King’s College London, na Lucas Lecture Theatre, a partir das 7 da tarde. Coma sempre, o evento é gratuíto pero hai que reservar entrada nesta ligazón. Lembrade tamén que o evento será en galego con servizo de interpretación en inglés. Os filmes tamén estarán subtitulados en inglés.
Agora só faltades vós! Reservade data e entrada para celebrar xuntos unha nova festa (por fin) do cinema galego en Londres.
Negro púrpura | 82 min | 2021 | Galicia