María Sabucedo

Tras rematar os seus estudos de Realización na Escola de Imaxe e Son da Coruña comeza a traballar no audiovisual galego, formando parte do equipo da primeira tempada de Libro de Familia. No 2009 trasládase a Barcelona, onde estuda o Postgrado de Line-producing na ESCAC e colabora con numerosas curtametraxes. Nesta etapa traballa en publicidade, cine e ficción televisiva.

Xa de volta en Galicia traballa en produción en Cinemar Films e posteriormente pasa a formar parte do equipo de realización da Tvg. Entre o 2012 e o 2016 compaxina a súa actividade laboral cos seus estudos de Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela, onde se gradúa antes de mudarse a Londres na procura de novas experiencias. A súa constante preocupación pola falta de visibilidade do audiovisual galego lévaa a colaborar co Galician Film Forum, xa desde antes de se trasladar ao Reino Unido.

Voltar a ‘Ponnos cara’