Ana Branca

Nada en Lugo en 1992, gradúase en historia da arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Logo de rematar a carreira e interesada especialmente polo cine e a fotografía, decide estudar o ciclo superior de Fotografía Artística na Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, en Lugo.

Non contenta co plan de estudos e coa súa metodoloxía, e sentindo a necesidade de vivir novas experiencias, decide dar un cambio. É entón cando abandona a escola e tamén Galiza para probar sorte e novas vivencias na capital británica.

Tras dous anos en Londres, ingresa no GFF por mor da inquedanza de conectar de novo coa creación artística galega e colaborar na súa difusión alén das nosas fronteiras.

Voltar a ‘Ponnos cara’