Vídeo resumo da terceira edición do GFF


Moi contentos de compartir con vós o vídeo resumo da terceira edición do GFF. Desta volta proxectamos a longametraxe Tralas luces de Sandra Sánchez e as curtas Conversa cunha muller morta, de Sonia Méndez, e Galicia Portobello Road,  da nosa compañeira Adriana Páramo.

Grazas a todos por vir e moi especialmente a: King’s College London, María Pequeño Leis, Marta Quilleri, Belén Vidal, Tonio Figueira Losada, Moisés Fandiño, María Sabucedo, Sonia Méndez, Adriana Páramo, Sandra Sánchez, Fernanda Del Nido e aos voluntarios.