Sesión de curtas galegas en Oxford


A cuarta sesión do ciclo  ‘Galician Cinema Today’ que estamos a organizar co The John Rutherford Centre for Galician Studies será o vindeiro xoves 15 de marzo ás 17:30 horas na Main Hall da Taylor Institution. Desta volta será a quenda das curtas e proxectaremos unha selección de cinco títulos. Coma sempre, o evento será gratuíto, pero haberá que reservar a entrada con anterioridade nesta ligazón.

Así que bulide: ide reservando e tomando boa nota do menú 😉

  • Curricán, 2014, Alvaro Gago, ficción (15’)
    Sinopse: A ollada de Xoán Curricán guíanos polas rúas da Vilanova de Arousa, unha vila chea de grandes cadros e interminables epifanías.
  • Rueda cabeza, 2015, Borja Santomé, animación (5’)
    Sinopse: Un paseo por rúas húmidas que nos abarcan, que nos falan de diversión e morte, de sexo e bágoas.
  • Galicia Portobello Road, 2015, Adriana Páramo, ficción (9’)
    Sinopse: Cando Celtia se entera de que a súa nai vai pechar o restaurante que rexenta en Londres para volver a Galicia depois de 30 anos, intenta convencela para que quede.
  • Día 13 de julio y 12 de agosto, Xisela Franco, experimental (2’)
    Dous días vividos pola artista en xullo de 2014 nos que filmou dous rollos de Super8 contando a celebración do seu cumpleanos en compañía da súa parella e amigos.
  • Pettring, 2013, Eloy D. Serén, documental (20’)
    Sinopse: Un xove cineasta galego leva un diario sobre os seus primeiros meses como immigrante en Suecia, onde traballa na construcción. Precisamente a construcción do seu traballo como cineasta é unha metáfora para falar da identidade que vai formando como emigrante.

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará

*