Hoxe estamos de estrea múltiple. O primeiro de todo é presentarvos o cartel para a vindeira edición de Galician Film Forum, deseñado pola nosa compañeira Sara Samaín. Non vos parece unha fermosura? No propio cartel revelamos o programa completo do evento, así que xunto a Mulleres da Raia, de Diana Gonçalves, imos proxectar tamén Os salteadores, de Abi Feijó, e A Raia, de Iván Castiñeiras. Coma sempre, podedes retirar os tickets do evento nesta ligazón de Eventbrite. Só un consello: non agardedes ata o último momento porque non sería a primeira vez que se esgotasen as entradas 😉
E para rematar, tamén temos o pracer de estrear nova web nun flamante dominio .gal. A partir de agora podédesnos atopar en galicianfilmforum.gal grazas ao xeneroso patrocinio de Dinahosting. Estades convidados a navegar pola web e se tedes suxerencias, non dubidedes en compartilas connosco.
Ola equipa,
Unha pregunta mostraded subtitulos en ingles nas peliculas. O meu mozo queria vir pero molaria que se enterara do asunto hahahahah.
Ola, Antía:
Sempre proxectamos as películas con subtítulos en inglés. O teu mozo é máis que benvido 😉
Pingback: ‘A Raia’, un reencontro vinte anos despois – Galician Film Forum