Proxección en Oxford de ‘Costa da morte’ de Lois Patiño


A longametraxe documental Costa da morte de Lois Patiño será a protagonista da terceira xornada do ciclo ‘O cinema galego hoxe’, organizado por The John Rutherford Centre for Galician Studies e que conta coa nosa colaboración. A proxección será o xoves 15 de febreiro, ás 17:15 horas, no Main Hall da Taylor Institution da Universidade de Oxford. Coma sempre, o evento é gratuíto xa podedes reservar a entrada nesta ligazón.

Desta volta ides ter a oportunidade de gozar dunha obra multipremiada e cun percorrido internacional moi salientable. Rodada no 2013, a súa estrea mundial foi no Locarno Film Festival dese ano, dentro da Sección ‘Cineasti del presente’, onde acadou o premio ao Mellor director emerxente. Outros dos seus galardóns son o Best Picture Award do Jeonju IFF (Corea del Sur), o Puma de prata á Mellor película no FICUNAM (México), o Premio do públio e a mención especial do xurado no Festival dei Popoli (Italia), o Premio Fipresci á mellor película iberoamericana no Festival Internacional de Uruguay ou a mención de honra do xurado na Bienal de cine español de Annecy (Francia), por citar algúns.

Costa da Morte | HD / 16:9 / color / 83´ / 2013
Dirección, cámara e montaxe: Lois Patiño
Colaboración: Carla Andrade
Produción: Felipe Lage, Martin Pawley
Son: Miguel Calvo “Maiki” e Erik T. Jensen
Colaboración na montaxe: Pablo Gil Rituerto
Música: Ann Deveria
Produtora: Zeitun Films

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*