Velaquí o vídeo resumo da Animated Edition do Galician Film Forum, que tivo lugar no King’s College en Londres o 13 de maio de 2016. Graciñas a todos por vir! 🙂

Vídeo resumo da Animated Edition


Amigos e amigas! Levounos algo máis do normal, pero xa podemos anunciar a vindeira edición do Galician Film Forum. Terá lugar o 13 de maio e proxectaremos ‘O Apóstolo’ de Fernando Cortizo.

Achégase a nova edición do GFF!


Moi contentos de compartir con vós o vídeo resumo da terceira edición do GFF. Desta volta proxectamos a longametraxe Tralas luces de Sandra Sánchez e as curtas Conversa cunha muller morta, de Sonia Méndez, e Galicia Portobello Road,  da nosa compañeira Adriana Páramo.

Vídeo resumo da terceira edición do GFF



Se aínda non sabedes se vir á vindeira edición do GFF, non deixedes de ver estes vídeos de artistas galegos convidándovos. Lembrade que será o 20 de novembro no King’s College de Londres a partir das 18:30 horas. Ah, e con entrada gratuíta 😉

Uns convites moi especiais


A terceira proxección organizada polo Galician Film Forum terá lugar o vindeiro día 20 de novembro no King’s College London. No evento proxectaremos unha longa e dúas curtas. A longa será ‘Tralas Luces’ de Sandra Sánchez, e as curtas serán ‘Galicia Portobello Road’ de Adriana Páramo e ‘Conversa cunha muller […]

A ollada da muller no vindeiro GFF


Boas novas! Xa estamos listos! A segunda proxección organizada polo Galician Film Forum terá lugar o vindeiro venres 5 de xuño. Desta volta, a London Film School ofreceunos as súas instalacións para o evento. É unha sala moi boa, pero só hai 100 tickets, así que reserva os teus axiña! […]

A Documentary Edition bota a andar



A primeira gala do Galician Film Forum tivo lugar no King’s College en Londres. Proxectáronse tres películas de directores galegos: ‘1977’ de Peque Varela, ‘Curricán’ de Álvaro Gago e ‘Encallados’ de Alfonso Zarauza. Despois do evento houbo unha rolda de preguntas cos directores. Grazas a todos por vir! Vémonos na vindeira gala!

Vídeo resumo da primeira gala do GFF


A primeira proxección organizada polo Galician Film Forum terá lugar o vindeiro día 20 de marzo no King’s College London. No evento veremos unha longa e dúas curtas. A longa será ‘Encallados’ de Alfonso Zarauza, e as curtas serán ‘Curricán’ de Álvaro Gago e ‘1977’ de Peque Varela. Despois da […]

O primeiro GFF xa está aquí