‘Os fenómenos’ de Zarauza chegan a Oxford


Tras a boa acollida da primeira proxección do ciclo ‘O cinema galego hoxe’ de Oxford que estamos a organizar co The John Rutherford Centre for Galician Studies, estamos moi contentos de anunciar a segunda xornada que vai ser o venres 19 de xaneiro na Main Hall da Taylor Institution ás 17 horas. Desta volta, ides poder gozar da película ‘Os fenómenos’ dirixida por Alfonso Zarauza. O evento terá entrada gratuita pero será preciso reservar a entrada con anterioridade. Xa vos avisaremos polas redes cando estean dispoñibles 😉

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará

*