‘Os días afogados’ clausura o ‘Galician Cinema Today’ de Oxford


O documental ‘Os días afogados’ de César Souto Vilanova e Luís Avilés Baquero pechará o ciclo ‘Galician Cinema Today’ que estamos a organizar co The John Rutherford Centre for Galician Studies. A proxección será o vindeiro venres 27 de abril, a partir das 17:15 horas, no Main Hall da Taylor Institution Library (St Giles’) de Oxford . Xa é posible reservar a entrada gratuíta nesta ligazón de Eventbrite

‘Os días afogados’ é unha longametraxe documental producida por Amanita Films que narra como a construción do encoro de Lindoso (Portugal) anegou para sempre a aldea de Aceredo (Ourense, Galicia) en 1992. Os habitantes de Aceredo non puideron facer nada para salvar a súa aldea pero anos antes, sabendo que todo estaba a piques de perderse, Francisco Villalonga e outros veciños da aldea colleron as súas cámaras domésticas e comezaron a gravar…

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará

*