O primeiro GFF xa está aquí


A primeira proxección organizada polo Galician Film Forum terá lugar o vindeiro día 20 de marzo no King’s College London.

No evento veremos unha longa e dúas curtas. A longa será ‘Encallados’ de Alfonso Zarauza, e as curtas serán ‘Curricán’ de Álvaro Gago e ‘1977’ de Peque Varela.

Despois da proxección haberá unha sesión de preguntas e respostas dirixida pola profesora do KCL Belén Vidal. Os directores das curtas estarán presentes e conectaremos con Alfonso Zarauza e cos actores de Encallados por Skype.

O evento terá lugar no Anatomy Lecture Theatre do King’s College London.

Gala-1-GFF