Grazas por achegarvos á raia


Aos poucos, o Galician Film Forum vaise asentando como unha cita londinense co cine galego (e doutros sitios) grazas ao voso apoio. Máis de 150 persoas reservaron entrada para acompañarnos o pasado 2 de decembro e gozar coa selección que preparamos para coñecer un poco mellor ‘a raia’. Tampouco queremos esquecer dar as grazas aos directores das obras proxectadas, á Agência dá Curta Metragem de Portugal pola súa colaboración nesta edición transfronteriza, ao King’s College polo espazo (é moi especialmente ao Department of Spanish, Portuguese & Latin American Studies), a María Pequeno (a nosa tradutora favorita), a Gonzalo Pais (técnico audiovisual voluntario) e a todos os que mercaches algunha chapiña ou fixeches unha doazón. Graciñas a todos!

Tamén nos gustaría agradecerlles aos medios e ás institucións a súa axuda na difusión da proxección e, por se perdestes algo, velaquí o resumo do impacto desta edición:

Por outra banda, foi unha pena que os problemas da conexión nos obrigaran a cancelar o coloquio coa directora Diana Gonçalves, pero xa estamos a traballar para buscar outras alternativas nas vindeiras edicións.

Deixámosvos cunha selección de fotos da Raia Edition e, aproveitando que xa se comezan a sentir as panxoliñas, desexámosvos un bo Nadal e un marabilloso e intenso 2017 cheo de bo cine. Ata o vindeiro GFF!

V Edición do Galician Film Forum 'A Raia Edition' (King's College, Londres, 02/12/2016)

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará

*