O GFF estrea en Reino Unido ‘Os días afogados’


Temos todo en marcha para a vindeira edición do GFF que nesta ocasión vaise vestir de gala para acoller a estrea en Reino Unido do documental ‘Os días afogados’ de César Souto Vilanova e Luís Avilés Baquero. A proxección será o venres 24 de marzo ás 19:30 horas no King’s College de Londres e xa podedes reservar a vosa entrada gratuíta nesta ligazón de Eventbrite. Ah, e lembrade que a película estará en galego con subtítulos en inglés e que ao final da proxección teremos a oportunidade de falar con membros do equipo que fixo a película.

‘Os días afogados’ é unha longametraxe documental producida por Amanita Films que narra como a construción do encoro de Lindoso (Portugal) anegou para sempre a aldea de Aceredo (Ourense, Galicia) en 1992. Os habitantes de Aceredo non puideron facer nada para salvar a súa aldea pero anos antes, sabendo que todo estaba a piques de perderse, Francisco Villalonga e outros veciños da aldea colleron as súas cámaras domésticas e comezaron a gravar…

FICHA TÉCNICA

Título: Os días afogados | Dirección: César Souto Vilanova e Luis Avilés Baquero | Lugar de produción: Galicia | Xénero: Documental | Ano de produción: 2015 | Duración: 87’

Os días afogados | Trailer 2 from Os días afogados on Vimeo.

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará

*