Na conta atrás para a edición 10 1


Xa anunciamos hai uns días nas nosas redes sociais a programación da que vai ser a nosa décima gala e que decidimos chamar ’10’ sen máis. Así que preparádesvos para gozar coa multipremiada curtametraxe Matria de Álvaro Gago e co documental Tódalas mulleres que coñezo de Xiana do Teixeiro. Ademais, neste evento imos contar coa presenza de Gago o día da proxección e ides ter a oportunidade de plantexar as vosas preguntas sobre a súa obra.

A actividade vai ser o vindeiro venres 5 de abril no King’s College London ás 19 horas e xa podedes reservar a vosa entrada gratuíta nesta ligazón. Coma sempre, a proxección será en versión orixinal con subtítulos en inglés.

Unha novidade desta edición é que, ademáis de contar co apoio habitual do King’s College London, desta volta vimos de conseguir o patrocinio de ABANCA e tamén contamos coa colaboración da Oficina para Asuntos Culturales y Científicos de la Embajada de España en Londres. Grazas a todos eles por confiar no Galician Film Forum!

E pouco máis. Vémonos axiña! And save the date!

Velaquí o póster desta edición cunha chiscadela ás obras que proxectamos nestas dez edicións 😉

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

Unha idea sobre “Na conta atrás para a edición 10