Malia o parón que está a provocar a crise do coronavirus, no Galician Film Forum seguimos a desenvolver actividades pero desta volta nas redes sociais. Grazas ao patrocinio da Oficina para Asuntos Culturais e Científicos da Embaixada de España en Londres, estamos a publicar unha serie de vídeos de creación propia co obxectivo de animar o consumo e o debate arredor da cultura española, especialmente das creacións realizadas en Galicia e en lingua galega. O proxecto vertébrase arredor da serie de vídeos denominada ‘GFF recomenda’.
‘GFF recomenda’ está a contar coa complicidade de persoeiros destacados da cultura galega que comparten co público os contidos artísticos que os están axudando a aturar as complicadas circunstancias xeradas pola pandemia da COVID-19. Polo de agora, xa están publicados dous vídeos coas recomendacións dos directores Álvaro Gago e Diana Gonçalves (telos ao final deste post).
Podedes atopar todos os vídeos nas nosas redes e mais a nosa web. Estade conectados!