Acollemos a estrea en Londres de ‘Santoalla’


A nova edición do Galician Film Forum (e van oito!) xa está en marcha así que ide reservando a data e hora nas vosas axendas. Vémonos o venres 23 de marzo para a estrea en Londres de Santoalla, un filme dos estadounidenses Andrew Becker e Daniel Mehrer. A proxección vai ser na universidade King´s College de Londres [18:45 h, Strand Campus, Edmond J Safra Theatre WC2R 2LS] e a entrada será gratuíta, pero cómpre reservala con antelación nesta ligazón.

Como en edicións anteriores, contamos co apoio do departamento de Spanish, Portuguese and Latin American Studies do King´s College. Grazas!

Deixámosvos co tráiler da película e animándovos a reservar axiña as entradas. Vémonos nun chisco!

FICHA TÉCNICA

Título: Santoalla | Dirección: Andrew Becker e Daniel Mehrer | Lugar de produción: Estados Unidos e Galicia | Xénero: Documental | Ano de produción: 2016 | Duración: 82’ | Produtores: Cristina De La Torre, Andrew Becker, Daniel Mehrer | Montaxe: Becker | Música: Becker

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*