Se aínda non sabedes se vir á vindeira edición do GFF, non deixedes de ver estes vídeos de artistas galegos convidándovos. Lembrade que será o 20 de novembro no King’s College de Londres a partir das 18:30 horas. Ah, e con entrada gratuíta 😉
A nova edición do Galician Film Forum (GFF), que leva por nome “Olladas de Muller” terá lugar o vindeiro 20 de novembro as 18:30, na prestixiosa universidade King´s College de Londres. Londres, 7 de novembro de 2015. O evento consistirá na proxección dunha longametraxe, Tralas Luces, de Sandra Sánchez, e […]
A terceira proxección organizada polo Galician Film Forum terá lugar o vindeiro día 20 de novembro no King’s College London. No evento proxectaremos unha longa e dúas curtas. A longa será ‘Tralas Luces’ de Sandra Sánchez, e as curtas serán ‘Galicia Portobello Road’ de Adriana Páramo e ‘Conversa cunha muller […]
O vindeiro evento do Galician Film Forum xorde da colaboración con Iberodocs, festival de cine documental iberoamericano de Escocia. Londres, 20 de maio do 2015. O Galician Film Forum (GFF) celebrará a segunda xornada de cine galego en Londres o venres 5 de xuño na prestixiosa escola de cine London […]
Boas novas! Xa estamos listos! A segunda proxección organizada polo Galician Film Forum terá lugar o vindeiro venres 5 de xuño. Desta volta, a London Film School ofreceunos as súas instalacións para o evento. É unha sala moi boa, pero só hai 100 tickets, así que reserva os teus axiña! […]
A primeira gala do Galician Film Forum tivo lugar no King’s College en Londres. Proxectáronse tres películas de directores galegos: ‘1977’ de Peque Varela, ‘Curricán’ de Álvaro Gago e ‘Encallados’ de Alfonso Zarauza. Despois do evento houbo unha rolda de preguntas cos directores. Grazas a todos por vir! Vémonos na vindeira gala!
A iniciativa parte dun grupo de galegos e galegas emigradas a Inglaterra Londres, 18 de febreiro do 2015. O Galician Film Forum (GFF) anuncia a celebración da primeira xornada de cine galego en Londres para o vindeiro venres 20 de marzo. Terá lugar ás 6.30pm da tarde na prestixiosa universidade […]
A primeira proxección organizada polo Galician Film Forum terá lugar o vindeiro día 20 de marzo no King’s College London. No evento veremos unha longa e dúas curtas. A longa será ‘Encallados’ de Alfonso Zarauza, e as curtas serán ‘Curricán’ de Álvaro Gago e ‘1977’ de Peque Varela. Despois da […]