’18 comidas’ de Jorge Coira, no vindeiro GFF


Reservade nas vosas axendas o venres 10 de novembro porque temos nova edición do Galician Film Forum. Desta volta facémolo coa comedia ’18 comidas’, dirixida por Jorge Coira e rodada en Santiago de Compostela. A cita será no Edmond J Safra Theatre do King’s College a partir das 19 horas (Strand, London, WC2R 2LS). Podedes reservar a entrada aquí.

Aínda que o evento segue a ser gratuíto, ides ver que no intre de reservar tedes a opción de realizar unha doazón. O motivo desta  novidade é que comezamos a pagar taxas polas películas que proxectamos. Ata agora, directores e distribuidoras deixáronnolas de balde, pero coidamos que o talento se debe remunerar, así que a partir desta edición estamos comprometidos a pagar polas copias.

O que acontece é que o Galician Film Forum non ten financiamento. Polo de agora contamos co apoio do King’s College, que acolle as nosas proxeccións, e de Dinahosting, que patrocina o hosting da nosa web. Os outros gastos páganse coas achegas dos membros do GFF e co que recadamos nas proxeccións. Por iso é máis importante ca nunca contar coas vosas doazóns!

Grazas!

18 COMIDAS [trailer_es] from Jorge Coira on Vimeo.

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará

*