A ollada da muller no vindeiro GFF


A terceira proxección organizada polo Galician Film Forum terá lugar o vindeiro día 20 de novembro no King’s College London. No evento proxectaremos unha longa e dúas curtas. A longa será ‘Tralas Luces’ de Sandra Sánchez, e as curtas serán ‘Galicia Portobello Road’ de Adriana Páramo e ‘Conversa cunha muller morta’ de Sonia Méndez. Coma sempre, despois da proxección haberá unha sesión de preguntas e respostas, pero os participantes aínda están por confirmar.

GFF-03-Poster